Fondo cabecera Concello de Baralla

Actualidade

Punto limpo móbil do Concello de Baralla

O Concello de Baralla foi beneficiario das axudas concedidas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, ao abeiro da Orde 1 de xullo de 2021, para a adquisición dun punto limpo móbil destinado á recollida de diversos residuos especiais de competencia municipal.

A axuda percibida por parte da devandita Consellería permitiu cubrir un 80% do custe total do proxecto grazas ao financiamento do Fondo Feder da Unión Europea.

Co desenvolvemento deste proxecto, o Concello de Baralla reforza o servizo de recollida selectiva de residuos especiais de competencia municipal, complementando o xa prestado actualmente polo punto limpo fixo municipal.

No seu conxunto, as actuacións desenvoltas permiten ao Concello avanzar no cumprimento das obrigas legais que se derivan da nova Lei de residuos á vez que se contribúe á conservación da paisaxe e do patrimonio natural.

Punto limpo móbil do Concello de Baralla_img01

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Baralla
Concello de Baralla
Avenida de Evaristo Correa Calderón N°48 – 27680 Baralla - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 363 303