Fondo cabecera Concello de Baralla

División eclesiástica

Desde o punto de vista da división eclesiástica, as parroquias do Concello de Baralla pertencen ao arciprestazgo de Neira de Xusá e a diocese de Lugo. Esto último, que pode parecer obvio, non foi así en tódolos tempos.
Cando o Rei Alfonso II O Casto erixiu en Catedral a igrexa de San Salvador de Oviedo, dotouna con terras e comarcas que pertencían á diocese de Lugo, entre elas as terras das dúas Neiras ¿ entre as que se atopaban terreos do que agora é o Concello de Baralla - que deberían pagar o censo canónico á de Oviedo, pero por estar dela moi distantes, recibirían a bendición e réxime episcopal da de Lugo. En compensación concedeu á diocese lucense as cidades de Braga e Ourense indicando que se volvería á situación anterior en canto as cidades nomeadas foran posuídas de novo polos cristiáns.
Ao cabo de máis de douscentos anos foi restituída a Sede de Braga e polo tanto era de esperar que lle foran devoltas á de Lugo as freguesías circunstancialmente unidas á de Oviedo. Non foi así, en 1095 o Papa Urbano II mandou un Rescrito para que se cumprise o estipulado polo monarca , non tivo moito éxito, como tampouco o tiveron os intentos de Pascual II (1110), Calixto II (1123), a disposición do Concilio de Carrión (1130), Eugenio III (1145), non sería ata 1154 cando se estendeu a desexada concordia entre os dous bispados e as dúas Neiras ( de arriba e de abaixo) volveron á diocese de Lugo.
No consello presbiteral diocesano, sesión plenaria do 14-06-1985, deuse conta dunha nova reestructuración dos arciprestazgos da diocese e tamén se propuxo que tódalas parroquias teñan a mesma categoría.
Cando se publicou no boletín do bispado a nova configuración dos arciprestazgos, consignáronse as parroquias por orde alfabético sen distinción algunha de dependencias ou categorías, polo que hai que prescindir das antigas vinculacións matriz-filial, ou principal-anexa.
De acordo co indicado, a división relixiosa do Concello de Baralla queda como segue:
Arciprestazgo de Neira de Xusá:

Aranza, Santiago
Arrojo, San Juan
Baralla, Sta. María Magdalena
Camporredondo, San Juan
Cobas, Santiago
Constantin, Santa María
Ferreiros, San Pedro
Guimarey, Santo Tomé
Lages, San Pedro
Lebrujo, Santo Tomé
Lejo, San Juan
Neira de Rey, San Miguel
Pacios, Santa María
Penarrubia, Santa María
Picato, Santa Cruz
Piñeira, El Salvador
Pol, Santa María
Pousada, Santiago
Recesende, San Cirilo
San Martín, San Pedro
Sigirey, San Pedro
Vale, San Jorge
Verselos, San Martin
Villachambre, Santa Marina
Villarpunteiro, Santa María
Villartelín, Santa Eufemia.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Baralla
Concello de Baralla
Avenida de Evaristo Correa Calderón N°48 – 27680 Baralla - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 363 303