Fondo cabecera Concello de Baralla

Capela de Santo Estevo

Capela de Santo Estevo

Nesta freguesía elévase a capela de santo Estevo, antes igrexa parroquial de Santo Estebo de Neira. Posúe unha feitura románica tardía.

A nave principal vai cuberta a dúas augas e ó fronte contén un arco de medio punto (o acceso) sobre impostas con bisel. Ós lados da entrada destacan dous machóns saíntes da nave, o que indica a antiga existencia dun cabido. Por riba vai a espadana, cun oca para a campá en laxas de lousa.

O ábside é máis pequeno, e a el se accede por un arco de medio punto en arista, descansado en impostas lisas. Del arrinca unha vouta de canón, que recibe a luz dunha véntana do testeiro sur.
O retablo é renacentista, con tres fornelos, e acolle ó titular (santo Estevo), a san Xosé e a unha talla da Virxe dos Remedios; sendo a Virxe do XV e os santos do XVI.

A pía bautismal é de interese. Mide 1,02 e posúe borde funicular cunha franxa inscrita cunha cruz e a lenda abreviada que refire que os reis dona Isabel e don Fernando eran defensores da fe. Na parte inferior da pía desenvólvense gallóns sobre un pé en cilindro con anel semellante ó anterior. A base é cadrada, con testa humana e cabeza de can, vieira e rosa.

Son salientables as pinturas que se acollen na capela mencionada, no fronte do arco, vouta e laterais do ábside. Conservan a data de 1582. No arco trunfal está san Sebastián, a anunciación, os profetas, un guerreiro e o Anxo da Garda. No interior a decoración é vexetal, mentres cá dereita do ábside os temas pictóricos son referidos ó de Xesús camiño do Calvario.

Tamén posúe pinturas nos muros posteriores ó retablo.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Baralla
Concello de Baralla
Avenida de Evaristo Correa Calderón N°48 – 27680 Baralla - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 363 303