Antes igrexa parroquial de san Pedro de santa cruz do Picato, está sita no camiño que de Sobrado vai cara a aldea de Recesende.
Nela aínda permanece o ábside románico, máis pequeno cá nave e un pouco máis baixo. Posúe unha sinxela cornixa con canzorras cortados a bisel.
Contén un arco trunfal con dúas arquivoltas de arista derriba de pilastras con impostas sen decoración.
A cachotería é de lousa, e contén, asi mesmo, un retablo coa Virxe e neno, coroados en madeira, un san Pedro - o titular da parroquia - e un santo Antonio.
Este templo funde as súas orixes no século XII.