Fondo cabecera Concello de Baralla

Igrexa de Santa María de Vilarpunteiro

Igrexa de Santa María de Vilarpunteiro

A parroquial de Vilarpunteiro coroa unha colina, con adro-cemiterio ó arredor, posúe unha nave cuberta a dúas augas con dúas trabes tirantes.

O fronte ten porta en dintel e espadana dun oco.

O presbiterio está na liña da nave, máis elevado, e vai cuberto a catro augas, con arco triunfal rebaixado.

A nave, ademais, posúe unha porta no testeiro norte e un acceso á sancristía, no lateral sur.

O retablo garda as imaxes da titular, santa María, unha santa Marta, un san Brais e unha santa Bárbara.

Un cáliz de prata compón a ourivería de Vilarpunteiro.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Baralla
Concello de Baralla
Avenida de Evaristo Correa Calderón N°48 – 27680 Baralla - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 363 303