Fondo cabecera Concello de Baralla

Igrexa de Santa María de Vilachambre

Igrexa de Santa María de Vilachambre

Vilachambre, antigo terreo de terras de reguengo, como así dá testemuña disto o nome do topónimo Reguengo (provinte desa afirmación de sitio de dominio real), refire na súa derivación etimolóxica unha relación cos pobos francos, por ter sido este un lugar da existencia dunha villa romana que foi matizada coa partícula franca chambre (habitación).

A nave do templo de Vilachambre está cuberta a dúas augas, con dúas vigas tirantes. Posúe, ós pés, un coro alto de madeira. O fronte leva unha porta en arco de medio punto, protexida por un cabido con cubrición a tres augas, sustentado por dúas pilastras e unha trabe tirante, que vai debaixo da espadana, dunha única troneira e ático cruciforme cun van.

O presbiterio é máis baixo e pequeno, ó que se accede por un arco de medio punto, de 0,30 de altura. máis aberto polos salmeres e menos pala base, apoiado en pilastras. todo isto para conseguir máis visibilidade cara ó altar maior.

O retablo é de estípides, coas imaxes da titular, unha santa Mariña, policroma, con dragón e nena no colo; da Virxe, con nena, e santo (no ático).

Tamén conta cunha imaxe do santo Cristo e cun sagrario con releve de custodia. No tocante á ourivería. Vilachambre posúe un cáliz de prata cicelada e decorado con vexetais.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Baralla
Concello de Baralla
Avenida de Evaristo Correa Calderón N°48 – 27680 Baralla - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 363 303