Fondo cabecera Concello de Baralla

Igrexa de San Xurxo de Vale

Igrexa de San Xurxo de Vale

A parroquial de Vale fora reformada no século XVII, a nave é a única peza primitiva que conserva o templo actual, está cuberta a dúas augas sobre tres trabes tirantes.

O fronte ten unha porta de arco de medio punto, protexida pola existencia dun cabido de laterais cegos, con cubrición a tres augas e por unha trabe tirante, véntana rectangular. Sobre este existe unha espadana de dúas troneiras para dúas campás.

O presbiterio é máis amplo e elevado que a nave, de cubrición a catro augas, cun arco trunfal de medio punto sobre dúas pilastras laterais.

A sancristía está na parte final da igrexa, e ten dúas aspilleiras nos laterais esquerdo e dereito.

A cornixa é corrida. de bordes acanalados, e os canzorros posúen unha sinxela decoración de moldura cóncava. Doce no lateral sur e trece no norte, no que ademais aparece unha bola e unha cabeza humana.

O retablo maior é neoclásico do ano 1800. No corpo superior está san Xoán, un santo sentado con pluma e libro, outro santo cun libro e neno no colo, e no corpo inferior, o titular - san Xurxo matando a un dragón - santo Antonio e Virxe con neno.

O retablo existente no lateral norte presenta a un santo con sombreiro, que leva unha palma e un libro, mentres có do lateral sur, ten un san Roque e outro santo con uniforme militar e coitelo ó colo.

As pinturas murais abarcan a maior parte dos muros laterais da nave. No lateral sur escenifican ós Reis Magos e ó nacemento de Cristo; no lateral do norte, no medio de frondosa flora, cabaleiros e damas con representacións diabólicas, o xuízo final e san Miguel coa libra. A parte superior está coroada pola representación do padroeiro da igrexa, San Xurxo ferindo ó dragón.

As pinturas murais forman un bo conxunto, do século XV.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Baralla
Concello de Baralla
Avenida de Evaristo Correa Calderón N°48 – 27680 Baralla - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 363 303