Elévase a igrexa de Sixirei nun outeiro,ten adro-cemiterio adosado, posúe unha nave a dúas augas, de lousa sobre tres trabes tirantes.
O fronte ten unha porta en dintel cun pequeno oco e unha espadana de dúas troneiras (para as campás), coroada por un cimacio barroco de volutas.
A nave contén, no lateral norte, unha porta de dintel con grandes pedras de caliza, e un coro alto ós pés.
O presbiterio, máis reducido, ten bóveda de canón e arco de medio punto sen impostas, e por el accédese á sancristía.
O retablo maior ten tres fornelos e ático, coas imaxes de san Pedro (titular), santa e santo Antonio. O lateral norte, do período neoclásico, posúe ático con medallón alusivo á Trindade, en triángulo con nimbo solar, e acolle a imaxe da Virxe do Carme, con peaña de tres querubíns e coroa de madeira).
A ourivería de Sixirei conta con un cáliz de prata, xunto a unha caixa petitoria con releve das ánimas e a unha sinxela cruz parroquial.
Pía de bautizar con decoración de círculos e base octogonal de poutas.