Fondo cabecera Concello de Baralla

Igrexa de San Cirilo de Recesende

Igrexa de San Cirilo de Recesende

A igrexa de Recesende é un sinxelo exemplar da fase final do barroco. Está arrodeada de adro-cemiterio, porta adintelada e espadana cun oco con ático.

Nave rectangular. O presbiterio máis amplo e elevado que a nave, ten cubrición de catro augas. Sancristía na parte posterior, con dous accesos dede o presbiterio, cuberta a tres augas.

O retablo de tendencia neoclásico aínda fusionado con decoración barroca, pois posúe columnas lisas de releve de rocaia, espellos, anxos...

Nesta igrexa venéranse as imaxes de san Cirilo bispo,o titular, san Ramón, o Pai Eterno, unha Virxe e outra do Carme, esta cunha peana de tres anxos.

A ourivería de Recesende está composta por un cáliz de prata coa copa de aneis.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Baralla
Concello de Baralla
Avenida de Evaristo Correa Calderón N°48 – 27680 Baralla - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 363 303