Fondo cabecera Concello de Baralla

Igrexa de Santa María de Pol

Igrexa de Santa María de Pol

A igrexa de Pol, con adro-cemiterio en torno ao templo, tén unha nave con cubrición a dúas augas, con armadura de madeira sobre catro trabes tirantes. Capela lateral sur con un acceso en arco de medio punto.

Frontal con porta de arco de medio punto con decoración de sinxelas molduras tóricas baixo unha espadana dun oco, protexido polo cabido, a dúas augas sobre dúas vigas tirantes.

O presbiterio é máis amplo que a nave, e accedes por un arco de medio punto sobre impostas. Del arrinca unha bóveda de medio punto, e polo lateral sur accedese á sancristía, na que hai unha cruz de madeira.

O retablo é sinxelo, da época neoclásica. A imaxinería redúcese a unha Virxe con peana e neno no seu brazo esquerdo, mentres ca na capela tamén está unha Virxe, esta de vestir e máis pequena.

Pía de bautizar sen pé e con variada decoración: cruces gregas, rosas e flores de lis, pía de auga bendita e coro alto aos pés.

Tamén conta con outro santo popular, decorado con manto e libro (do XV).

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Baralla
Concello de Baralla
Avenida de Evaristo Correa Calderón N°48 – 27680 Baralla - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 363 303