Fondo cabecera Concello de Baralla

Igrexa de San Pedro de Santa Cruz do Picato

Igrexa de San Pedro de Santa Cruz do Picato

A igrexa parroquial érguese no poboado de Sobrado do Picato, sendo a súa fábrica moderna.

Contén nave a dúas augas con cubrición de tella superposta derriba de cemento.

O fronte leva unha porta de arco, con óculo e espadana de doas troneiras e dúas campás.

O presbiterio máis amplo e elevado que a nave, cuberto a catro augas, cun arco trunfal de cemento. A sancristía está na parte final do presbiterio, e a ela se accede por dúas portas laterais.
O granito ten presencia no templo nas partes nobres.

Posúe dous retablos barrocos, cada un con dúas columnas salomónicas, que acollen as imaxes de san Xosé, outro san Xosé, neno, san Xoán, santo Antonio e un san Miguel con cadea e dragón.

Contén tamén un sagrario con relevos variados: porta, Agnus Dei, corazón e anxos; contorno as imaxes de Xesús e María e vai coroado por anxos que adoran a Deus.

Hai na igrexa, asemade, un cáliz de prata coa base aplanada, e outra copa de misa coa base acampanada.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Baralla
Ayuntamiento de Baralla
Avenida de Evaristo Correa Calderón N°48 – 27680 Baralla - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 363 303