Fondo cabecera Concello de Baralla

Igrexa de Santa María de Penarrubia

Igrexa de Santa María de Penarrubia

A igrexa parroquial de Penarrubia data da época renacentista, e é a única do concello de Baralla que posúe tres naves.

A separación entre as naves faise por catro arcadas no lateral N. e tres no lateral S., arcadas que van descansando sobre piares e pilastras de grandes dimensións. Destes últimos saen arcos faxóns das voutas das tres naves, en impostas aboceladas, corridas na liña do presbiterio. As voutas de cubrición son de medio punto, de canón corrido.

No interior gárdase unha pía bautismal de 1,00 ó pé do primeiro piar do N., que leva decoración de franxas, arcos, círculos e catro testas humanas ós pés.

A torre posúe dous corpos, no primeiro están os reloxos, e no segundo (de dous pisos) as campás.
O presbiterio é máis elevado cá nave, con cuberta a catro augas e vouta de canón.

A sancristía accédese por dúas portas no presbiterio, e nela gárdase un cáliz de prata (de 0,28), outro de copa anelada con nudo sobre gallóns, e unha custodia viril en forma solar (de 0,55).

Os retablos desta parroquial son tres: o principal, neoclásico, e os laterais (o dereito de estípites, con carpa de tres fornelas e ático, e o esquerdo doutro corpo, con outros tres fornelos e ático, estes do XVIII). A imaxinería do dereito refírese a san Alberte (de 0,58), san Francisco (de 0,60), a Virxe do Carme (de 0,90) e releves das ánimas no lugar do sagrario: mentres ca no lateral esquerdo luce a san Ramón (de 0,92), a santo Antonio (de 1,05), con peaña e tres anxos, a san Roque (de 0,90), a san Brais (de 0,50), e, na parte superior, a san Pedro (de 0,38) e san Pablo (de 038): e no central están as imaxes de santa Lucía (de 0,60) e unha pintura do santo Cristo, sobre madeira.

No lugar de A Fonte dos Poios, berce de dona María Manuela Dorado y Fernández, esposa do señor da casa do Liñar en Constantín, don José de la Peña y Ossorio, está a capela de santa Bárbara, de 4 por 3, cunha imaxe da santa titular de 0,45.

Así mesmo, en 1915 existían nesta freguesía as capelas de san Lourenzo, san Xosé e santo Antonio.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Baralla
Concello de Baralla
Avenida de Evaristo Correa Calderón N°48 – 27680 Baralla - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 363 303