Fondo cabecera Concello de Baralla

Igrexa de Santa María de Pacios

Igrexa de Santa María de Pacios

A parroquial de Pacios contén unha nave cuberta a dúas augas sobre catro trabes con tesoiras. O chan é de madeira, e recibe a luz por medio de dúas ventás nos testeiros.

O fronte , con porta cuberta por amplo cabido, que se cubre a tres augas sobre dez columnas octogonais, con espadana de dous corpos, un con dúas troneiras para as campás e outro cun van baleiro, e remata en frontón con acróteras.

O presbiterio está máis elevado e vai cuberto a catro augas, con dúas portas cara a sancristía.

O retablo é moderno, coas tallas da Virxe, peza que posúe nena e amplo manto, montada sobre peana de media lúa e testa de anxo, do XVIII.

A pía de bautizar é unha peza interesante, con borde tórico e profusa decoración en releve (con estrela inscrita, flor, dados, cegoña, flor de catro follas), na que, outra moldura tamén tórica e franxas verticais que levan ó pé, este en cilindro, anelado no centro. A base da pía é cadrada con releves de cabeza humana e dun un año.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Baralla
Concello de Baralla
Avenida de Evaristo Correa Calderón N°48 – 27680 Baralla - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 363 303