Fondo cabecera Concello de Baralla

Igrexa de San Martiño de Neira de Rei

Igrexa de San Martiño de Neira de Rei

A igrexa parroquial contén unha fermosa e robusta torre sobre catro arcadas de medio punto, que serve de acceso ó edificio parroquial, e ten no carpa superior oito ocos, dous en cada lateral e arco de laxas de lousa. Está cuberto a catro augas.

A nave está cuberta a dúas augas, e posúe, no testeiro S., un recinto engadido, e no N. unha nave paralela que remata na liña testeira do espacio presbiteral e comunica coa principal por medio de dúas arcadas de medio punto.

O devandito arco lateral vai descansado derriba de dúas pilastras de grande tamaño, á dereita exento.

No presbiterio están abertas outras dúas arcadas que fan o acceso ás capelas laterais, un e outras cubertos con bóveda de canón corrida, que remata na liña de división do presbiterio coa sancristía.

O retablo maior é neoclásico, con decoración de rocaias, e foi dourado e policromado en 1781. Posúe as imaxes do titular, san Martiño bispo, san Brais e san Pedro Papa, todas elas do XVIII.

O retablo da capela testeira da esquerda é barroco, de dous corpos, e leva na parte inferior catro columnas salomónicas.

A liña de entablamento vai cortada por un fornelo para unha santa co corazón na man, e remata nun ático coroado por un enorme pelicano, como o que serve de base á santa. Ó lado deste retablo, unha santa Lucía e un san Roque, os dous populares, completan a iconografía desta capela, toda ela do XVIII.

O retablo da capela dereita é obra do Renacemento. Presenta a san Pedro, investido como Papa, a santo Antonio e á Virxe co neno, esta peza de comezos do XVI.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Baralla
Ayuntamiento de Baralla
Avenida de Evaristo Correa Calderón N°48 – 27680 Baralla - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 363 303