O templo parroquial de Ferreiros sufriu enormes reformas as que produciran nel o desvirtuamento dunha igrexa barroca de pouco valor.
Posúe, como a maioría, adro-cemiterio arredor de si e ten planta rectangular.
A porta de acceso, hoxe cuberta cun cabido moderno, é adintelada, e leva por remate unha pequena e sinxela espadana con tres ocos, dous para campás (hoxe está ocupado un) e un de remate superior.
O presbiterio é a zona máis elevada da igrexa, tamén cuberto, pero a catro augas. Como acceso ata el, ábrese un arco triunfal de medio punto, que vai sustentado sobre pilastras con saíntes impostas.
Ferreiros non conta con retablo, e posúe, no apartado iconográfico relixioso, un san Pedro, revestido de vestiduras pontificias, e unha Virxe dos Remedios con peaña de nimbos.
No que atinxe á ourivería, unha grande cruz parroquial, pero de madeira, completa este apartado. Conta con un copón de misar de prata cicelada, estas dúas pezas do XVIII.
Preto da entrada existe unha pía de bautizar de granito, peza rural moi tosca.