Igrexa parroquial con adro-cemiterio arredor.
O fronte da igrexa está presidido por un cabido a tres augas e viga tirante, que protexe a porta de acceso.
Derriba da portada desenvólvese a torre que leva a campá, sinxela e de catro ocos. A porta principal leva un arco suavemente oxival con dúas fornelas tamén lixeiramente apuntadas, mentres có acceso interior ó templo se fai por un arco de medio punto. dende o que, e xa no interior, existe un oco conducinte ó oco do campanario.
Posúe Constantín na súa parroquial un presbiterio máis elevado cá nave, con traza final en semicírculo en catro planos. O acceso ó espacio presbiterial faise por un arco trunfal de medio punto apoiado en pilastras, que conducen a unha falsa bóveda apuntada.
Á sancristía, no lateral sur, accédese por un balcón.
O coro parroquial está ó comezo da igrexa, baixo o que hai unha pía bautismal coa cruz de Malta - o patronato era exercido pola Encomenda de Portomarín, da Orde de san Xoán de Xerusalén -, que leva a data de 1734.
O retablo de procedencia neoclásica, con tallas do escultos santiagués Magariños, como o é a Inmaculada, o san Francisco, o santo Antonio abade e o san Xosé.
No apartado de ourivería, consta a parroquial de Constantín cunha cruz parroquial de metal dourado e unha copa de prata profusamente decorada con relieves de follas.