Fondo cabecera Concello de Baralla

Igrexa de Santa María Madanela de Baralla

Igrexa de Santa María Madanela de Baralla

A igrexa parroquial da vila é de principios do século XIX. Posúe unha planta de cruz latina con dúas cape1as que dan ós brazos da cruz.

Cúbrese por enteiro a dúas augas, sendo o teito da nave principal semiar­queado, posúe un arco central que serve de apoio á cuberta, reforzado por contrafortes no exterior. A nave acaba noutro arco de medio punto, que dá o acceso ó presbiterio e ás cape1as tamén con acceso a través de arcos de medio punto.

Frontis con porta de arco de medio punto sen impostas, de granito, con tres fiestras de arcos tamén de medio punto, unha central (de dous ocos con remate no centro, de decoración neorrománica en forma de flor) e dúas laterais, que dan luz ó coro, máis alto.

O presbiterio está máis elevado, e cuberto a catro augas, encerrando un retablo neogótico de madeira ó natural.

A iconografía da parroquial da vila posúe as representacións de san Vitorio , feito por Magariños no séc. XX; san Xosé ; e, xa na sancristía, outro san Vitorio do XVIII.

O culto a san Vitorio é de ampla resonancia na vila, sendo as festas na súa honra de grande sona en toda a comarca.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Baralla
Concello de Baralla
Avenida de Evaristo Correa Calderón N°48 – 27680 Baralla - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 363 303