Fondo cabecera Concello de Baralla

Igrexa de San Xoan de Arroxo

Igrexa de San Xoan de Arroxo

A igrexa parroquial está erguida no poboado de Eirexe.

É dunha soa nave, cuberta a dúas augas sobre madeira con tres vigas tirantes. Frontal con porta de arco rebaixado, con espadana de tres ocos (para tres campás, dúas semellantes e unha máis pequena), baixo a que está un reloxo, característica distintiva do resto de igrexas parroquiais do concello, xa que o feito de posuír reloxo a diferencia notablemente (feito que incidira mesmo na creación dunha copla alusiva ó relo­xo), e a asemella, por exemplo, á de Penarrubia.

Presbiterio máis elevado e máis saínte no lateral norte, con arco triunfal de medio punto e teito de barrotes a catro planos, que recibe luz por dous ventanos en forma de óculo.

Conta cun retablo maior e dous laterais. O primeiro deles é de época neoclásica, con imaxes de escaiola. Os dous restantes, do santo Cristo o da esquerda e da Virxe, neogótico o da dereita, con dúas tallas do XVIII, Santa Lucia e San Xosé.

Na sancristía, no lateral sur, baixa e a unha auga, hai dúas tallas policromadas do XVI, san Xoán e san Roque.

No apartado de ourivería, hai que salientala existencia dunha copa de prata cicelada e dunha custodia solar, xunto a unha cruz procesional de metal.

Ten, ademais, unha pía bautismal popular e unha pía de auga bieita gallonada.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Baralla
Concello de Baralla
Avenida de Evaristo Correa Calderón N°48 – 27680 Baralla - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 363 303