Igrexa parroquial do século XVIII, nave a dúas augas, cuberta de pizarra sobre madeira, con tres vigas tirantes.
Porta adintelada no frontal, espadana granítica dun vano, o resto da igrexa é de mampostería de pizarra revocada en cal.
Presbiterio máis amplo e elevado ca nave con unha cornixa acanalada, ó que se fai acceso por un arco de medio punto de granito, que ten impostas saíntes. Bóveda de canón. Sancristía na parte posterior do presbiterio, con acceso desde él.
O retablo maior, de trazado neoclásico, acolle ó santo titular caracterizado coma peregrino. Trátase dunha peza popular de Santiago, descalzo e cunha gran capa, do século XVI. No ático cruz de Santiago. Tamén están representados na iconografía de Aranza un san Roque e un san Francisco de Asís.
O retablo do lateral sur é barroco de estípites. Contén un Cristo e unha Virxe con neno.
A mesa do altar ten a cruz de Santiago e cinco vieiras. Cáliz de prata, sinxelo.