Do seu pasado de terra de cabaleiros e fidalgos, garda o Concello de Baralla un bo número de pazos e casas grandes: Pazos de Aranza, a Condomiña, Espiña, da Pena, Casa grande de Vilanova, Liñar, Casas Torres de Basille, Salvador, Vilameixe, Casa da Airexe de Guimarei.
Todas estas construccións son de uso particular e ningunha delas é visitable.
Casa Torre de Basille
No lugar de Basille. A estructura da torre e sinxela e segue o esquema típico neste tipo de construccións. Tratase dun edificio cunha estructura diáfana con tres plantas, a base de mampostería de pedra e nos ángulos sillería de granito, ademais da moldura do mesmo material con moldura cuberta a catro vertentes. Non se trata dunha edificación illada, senón que se encontra fusionada nun mesmo conxunto cunha casa á cal está adosada, na cal se ven as reformas que se foron facendo nas distintas ampliacións e mellora das comodidades da vivenda. Ao ter certo carácter defensivo, neste conxunto podemos encontrar un muro que sería utilizado como cerco da casa torre que tería portón de entrada e sobre todo formaría un espacioso patio con alpendres. Como cuestión anecdótica deste edificio pódese dicir que nel viviu don Tello de Neira, personaxe que Lope de Vega introduciu na súa obra ¿El mejor alcalde el Rey¿.
Ten a construcción dous escudos, debaixo dun deles a pedra contén a seguinte inscrición ¿Esta obra de iço año de 1630¿.
Pazo da Condomiña.
Enclavado sobre o castro do mesmo nome, contaba con local de cárcere. Tamén chamada ¿Casa da Audiencia¿. O pazo posiblemente foi construído aproveitando materiais da antiga torre, como parecen indicalo dúas das portas da súa fachada posterior de falsos arcos apuntados, formados con catro dovelas, sen clave un, e o outro con seis contando a clave, de granito toscamente labrado e de pequenas dimensións.
Casa da Ponte de Neira ¿ Casa Curro.
Caserío na estrada que une a Ponte de Neira coa Igrexa de San Miguel e preto do río Neira.
Casa torre de Vilameixe
No lugar de Vilameixe. Torre blasonada cos seis roeles dos Castro. Pertence ás casas torre e fortalezas de menor entidade que seguramente proliferaron polas nosas terras, albergues de fidalgos e infanzóns.
Torre cuadrangular de tres plantas, con cuberta a catro augas, a primeira planta cega , a segunda cunha fiestra e a terceira con dúas. A casa é rectangular con cuberta a dúas augas.
Pazo de Pousada.
A hoxe chamada ¿Casa do Pacio¿ non conserva da primitiva feitura mais que algunhas paredes de gran grosor e a porta de acceso de medio punto.
Debeu de ser esta unha construcción de importancia dentro daquel Paços de Neyra que indicaban os mapas antigos.
Conta a tradición que os donos do Palacio tiñan un pasadizo cuberto polo que baixaban as cabalerías a beber ao río, hoxe ese pasadizo está convertido nun camiño veciñal que une a casa de Farexe coa Igrexa e coa casa do Pacio.
Casa da Torre de Piñeira.
Presenta hoxe en día a clásica estructura de torre e casa vivenda. Feita en cachoteria de granito e lousa, remates en esquinas e fiestras de granito.
Casa de A Pena.
No lugar de A Pena, edificación de grandes dimensións, chama a atención o grillón que hai nunha das portas de acceso á casa principal. Ten dúas artísticas reixas coroadas con medallóns con figuras humanas.
Palacio de Espiña.
Na parroquia de Santa María de Pacios, topónimo que fai referencia á existencia de palacios na zona.
Edificio de dúas plantas, con dous balcóns no primeiro andar e porta de acceso de medio punto e sen impostas. Sobre a que hai tres escudos heráldicos.
Casa Grande de Áspera
Sobre unha privilexiada situación, nun outeiro, na parroquia de Lebruxo, está este gran edificio de planta rectangular e un andar.
Casa da Eirexe ¿ Guimarei
A carón da igrexa de Guimarei, edificio sen construccións engadidas, de planta case cadrada e de cachoteria de lousa con granito nas esquinas e nos ocos. Fora construída para vivenda do párroco pertencendo polo tanto aos bens do igrexario.
Casa do Liñar
Na parroquia de Constantín. Planta rectangular.
Pazo de Aranza
Fronte á Igrexa parroquial de Santiago de Aranza.
Casa dos Correas.
Fronte á igrexa parroquial de San Miguel de Neira de Rei. Edificio moderno, levantado cara a 1850, con portón de acceso que leva un escudo en granito, dun só campo, fretado de seis pezas, armas da familia Correa.
Casa da ponte de Senra.
Á saída de Baralla cara a Lugo, Edificio de grandes proporcións con artísticos balcóns de formigón. Nesta casa existiu un vello mesón.
Torre de Lamas de Mazaille.
En Mazaille, de fronte á capela de San Roque, na parroquia de Pacios. Os escudos, á esquerda e dereita das fiestras, enmarcan o balcón central do primeiro andar e desenvolven a simboloxía dos Pardo.
Casa Salvador de Neira.
Fronte ao que antes era a igrexa parroquial coa que se unía con un pasadizo voado, que saía da casa cara ao coro da parroquial.
Casa de Farexe.
Na parroquia de Pousada.
Casa grande de Os Vales.
No lugar de Os Vales. Portada de acceso ao patio interior en arco de medio punto.
Casa grande de Vilanova.
No lugar de Vilanova. Portada de acceso con arco de medio punto coroado por triángulo con pináculos barrocos.