Ponte de Covas
Sobre o río Neira, nun camiño local, nas coordenadas 47,475º LN ¿ 6,385º LO.
Ten tres vanos, con luces de 15 ¿ 5,20 e 5,20 metros.
Tratase dunha ponte de sillería e esquisto, alomado, con arcos de medio punto.
Segundo Arias Vila pode ter orixe romana, dela di que " Son moito máis numerosas as pontes que só conservan parte da súa cimentación ou cepos romanos, como a de Lugo [¿] e quizais ...a de Covas sobre o Neira". Pertencería a un ramal ou atallo da Vía romana XX (foi tamén esta ponte parte dun atallo ou ramal do Camiño Francés a Compostela).
Ponte dos Mazos
Sobre o río Neira, non antigo camiño de Becerrea a Meira, situado nas coordenadas 47,56º LN ¿ 6,47º LO.
Con un só vano e luces de 11,50 metros.
Ponte de silleria e esquisto, do século XVIII. Alomado e con arco de medio punto.
Amor Meilán ten relacionado esta ponte coa calzada romana, mesmo Pardo de Neyra fala dunha pedra de feitura romana coa inscrición: FACERE IVSIT=AUGUSTUS=IMPER.ANNO C. XII, , pero hoxe considérase unha construcción medieval.
Ponte de Senra
Sobre a Nacional VI, feito cando o camiño real de Carlos III