Fondo cabecera Concello de Baralla
Inicio » Turismo » Rutas

Caza

As épocas hábiles de caza durante a temporada 2007-2008 establécense na orde do 29 de marzo de 2007; publicada no Diario Oficial de Galicia número 67, do 4 de abril de 2007.

A orde regula os períodos hábiles de caza, as especies sobre as que se poderá exercer esta, os métodos autorizados para a súa práctica e as limitacións xerais ou particulares que afectarán ao exercicio da actividade cinexética no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para poder practicar a caza é necesario estar en posesión e levar consigo os seguintes documentos:
Licencia de caza.

Seguro de responsabilidade civil do cazador.
D.N.I.
Permiso de armas, guía de pertenza:
Outras autorizacións por razón de modalidade.

No noso municipio hai unha gran tradición de caza, existindo nestes momentos máis afeccionados á caza maior cá caza menor, debido á escaseza desta última, e á proliferación na zona de especies coma o corzo e o xabaril, así como raposo e incluso lobo.

O terreo cinexético de Baralla está dividida ocupado e ordenado por dous tecores (Terreos cinexéticamente ordenados).

TECOR de Neira de Rei (LU 10.303), ocupa 4.500 ha., conta con 130 socios.
TECOR de Neira de Xusá (LU 10.022), ocupa 9.642 ha., conta con 145 socios.

Entre as cuadrillas dos tecores temos: en Neira de Rei: ¿Catro Camiños¿ formada por 22 cazadores; ¿Os Chousos¿ formada por 25 cazadores; en Neira de Xusá: ¿Os Vales¿ formada por 30 cazadores; ¿O Roxo¿ formada por 12 cazadores; ¿Ráfaga¿ formada por 35 cazadores.

O TECOR de Neira de Xusá organiza competicións de cacerías de raposo e concursos de caza menor. Levan organizados tres campionatos galegos e un provincial.

Polo que respecta á caza maior existe corzo en abundancia e o xabaril mantén estable a súa poboación.

A caza menor a pesar dos esforzos realizados, non da os resultados esperados. O coello presenta moitas dificultades na súa adaptación, a lebre empeza a despuntar e a perdiz estase recuperando.

Teléfonos de interese

. Delegación Provincial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento sostible: 982 29 45 24 ¿ Licencias: 982 29 45 38

. SEPRONA: 062

. Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de ¿O Veral¿: 982 20 77 05

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Baralla
Concello de Baralla
Avenida de Evaristo Correa Calderón N°48 – 27680 Baralla - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 363 303