Fondo cabecera Concello de Baralla
Inicio » Turismo » Rutas

Flora

O bosque representativo da zona está formado por carballos (Quercur robur) e castiñeiros (Castanea sativa), ocupa grandes extensións, sobre todo no sector occidental do municipio, e encóntrase en masas puras ou alternando co bosque alóctono (piñeiros). O bosque de colonización, composto polo piñeiro, en tódalas súas variedades, ocupa superficies repartidas por todo o conceIlo. Aparece no seu estado puro nas topografías de maior altitude e mesturado con bosque clímax en altitudes máis baixas. A matagueira esténdese por todo o municipio e abarca unha ampla superficie.

Podemos dicir que a árbore máis representativa da zona é o castiñeiro (Castanea sativa), do que ademais de aproveitar o seu froito, aproveitase a súa madeira, tanto para os aserradeiros locais como para fora do municipio. Outro dos aproveitamentos desta especie é a utilización do seu froito: empregouse tradicionalmente como fonte enerxética para a poboación en xeral, e mesmo como alimento para os animais (fundamentalmente porcos), mais perdeu o seu lugar de importancia na dieta cando chegou a pataca de América. Esta substitución e o papel alimenticio que tiña foron tan importantes que aínda hai hoxe lugares de Galicia onde lles chaman castañas ás "patacas" (igual que en francés se lles chama pommes-de-terre, "mazás da terra"). Cómese cocida ou asada durante o outono e é o produto utilizado nas celebracións coñecidas como "magostos", festas nas que se asan e comen castañas, xeralmente celebradas na segunda quincena de outubro ou primeira de novembro, e nas que se degusta ademais o viño novo e uns chourizos asados nas verzas. Soe rematar con cantigas e danza exaltando os productos da terra e estreitando os vencellos entre familia e veciñanza.

Os bosques de castiñeiros son os chamados soutos, existindo no noso concello unha gran cantidade deles, e no seu interior hai nalgún caso construccións circulares de pedra chamadas ouriceiras e utlizadas para apilar dentro delas os ourizos das castañas. Noutros casos os castiñeiros están mezclados con outras árbores coma carballos, ameneiros, salgueiros, chopos, abidueiras, etc. formando espectaculares paisaxes que dan un aspecto especial ós nosos montes e sobre todo ó noso val.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Baralla
Ayuntamiento de Baralla
Avenida de Evaristo Correa Calderón N°48 – 27680 Baralla - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 363 303