Fondo cabecera Concello de Baralla
Inicio » Turismo » Historia

Asentamentos castrexos

A nómina de asentamentos castrexos do Concello de Baralla é extensa: Sobrado do Picato, Berselos, Pedrafita de Camporredondo, A Mocha, Santa Marta, Vilachá en Camporredondo, Laxes, Ferreiros, Sixirei, Pol, Penarrubia, Castro de Lexo.

Aos anteriores hai que sumar aqueles que hoxe levan na croa unha igrexa: Pousada, Lebruxo, San Miguel (Neira de Rei).

Na condomiña onde se asenta a casa da audiencia (casa da condomiña), debeu de haber un asentamento castrexo, preto do castro, no lugar de Pedreda, apareceran tégulas, restos de construccións, cerámicas e moedas de ouro e prata.

Tamén hai algún castro, situados en chaira e sen ningunha ou case ningunha estructura defensiva que responden a un novo tipo de asentamento, que a bibliografía tende a cualificar como período Recente ou Final do castrexo. E o caso do de Sobrado de Picato,ó lado da N VI, á dereita dela en dirección a Lugo, á entrada do pobo de Sobrado e a escasos metros do castro da Croa, este ao outro lado da N VI, e que poderían responder a esta tipoloxía de poboados do castrexo final.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Baralla
Concello de Baralla
Avenida de Evaristo Correa Calderón N°48 – 27680 Baralla - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 363 303