As testemuñas materiais ben coñecidos e estudiadas do período romano son escasas, só restos espallados atopados illadamente, os principais deles epigráficos:
.- Dúas lápidas de carácter votivo atopadas en Aranz de Saz, que Hubner identifica con Santiago de Aranza, catalogadas por este mesmo autor no seu Corpus Inscriptionen Latinarum de 1869 cos números 2537 e 2538.
Os textos respectivos son os seguintes:
IOV
OPT.MAX
Q. PV¿
DIONYSISIVS
EX VOTO
Consagrada,ou dedicada, a Xúpiter Óptimo Máximo.
Esta pedra está actualmente perdida e a súa localización é imprecisa. A Júpiter moi bon e moi grande grande, Quintus Pu(?) Dionysius, en cumprimento dun voto.
O nome do dedicante podería ser Publius, segundo Arias Vilas.
TUTELAE
L. ANTRONIUS
AVITUS. CVN
FILIS. ET. ZOSIMA. L
EX VOTO
Consagrada á deusa Tutela,deusa das colleitas.
Á Tutela, Lucius Antonius Avitus cos seus fillos e Zozima liberta, en cumprimento dun voto.
O xentilicio Antronius é descoñecido na Península e debe ser o resultado dunha mala lectura para Antonius o Autronius. Algún autor fala dun liberto e considera Zozima como unha esclava. En realidade, a indicación de liberado refírese so a Zozima; sempre e cando o texto se entendera ben.
.- EXVOTO:
LARIBV = LARIBU(S)
VIALIBV = VIALIB(US)
PLACID = PACID(I)
NA EX = NA EX
OTOP = (V)OTO P(O)
SUIT = SUIT
Dedicado aós Lares Viales, deuses dos camiños, por Placidina.
Encontrada en 1906, no lugar chamado Papin, en Penarrubia, conservada no Museo Provincial de Lugo. Ara de granito brando que se desfae en area. O desgaste da pedra, que afecta fundamentalmente aos extremos, fixo desaparecer algunhas letras suplidas na interpretación. É de pedra gris, sen cornisa e coas molduras da base desaparecidas.
Dimensións: 48x22x17.
O nome de Placidina so é coñecido na provincia de Lugo nesta inscrición, aínda que si hai un exemplo do xentilicio Placius.
.- ARA:
Ara descuberta ao pe dun castro, en Penarrubia, Felipe Arias fala de que o propietario negouse a dicir o lugar onde se conserva. Durante unha visita ao lugar do descubrimento e antes de que fora transportado a outro lugar, Felipe Arias puido descifrar as últimas liñas da ara: EX VO/TO.