Fondo cabecera Concello de Baralla
Inicio » Turismo » Historia

Cuartel de Sobrado e traslado de intendencia

En 1704 instauráronse os aloxamientos e bagajes, obrigaban a que durante as marchas que fixesen as tropas polos pobos e vilas se asistisen aos soldados con vinagre, sal, fogo ou unha compensación dineraria. Estes tránsitos entre Lugo e Castilla en 1796 empezan a funcionar case exclusivamente pola estrada nova.

O primeiro cuartel que se estableceu na estrada nova foi o de Sobrado do Picato, distante de Lugo catro leguas, consistía a súa forza para o servicio en 64 veciños, poboación daquel lugar e coto de Sobrado, acudían ademais 300 veciños da xurisdicción de Neira de Jusá, cerca de 400 da de Neira de Rey, 510 da de Castroverde, 34 do coto de Riomol, Baleira e os seus cotos 150, o coto de Pacios 49 e o de Piñeira 18.

En 1808, por causa da guerra, o grande número de equipaxes e efectos que foi preciso mobilizar quedaron estancados nos cuarteis, entorpecéndose o servicio. Nesta data trasladase o cuartel de Sobrado do Picato a Ferreiros e amplíanse os cotos e xurisdiccións que teñen que acudir.

Terminada a guerra, o cuartel de Ferreiros convertese nun tránsito moi importante pola cantidade de enseres que alí se levaban.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Baralla
Concello de Baralla
Avenida de Evaristo Correa Calderón N°48 – 27680 Baralla - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 363 303