Fondo cabecera Concello de Baralla
Inicio » Turismo » Historia

Historia Contemporánea

Coñecese por ¿guerras carlistas¿ a guerra civil que desde a morte de Fernando VII (1833), e durante boa parte do século XIX, enfrontou os partidarios do irmán do rei (Carlos), e os partidarios dos descendentes de Fernando VII (a súa filla Isabel II, e a nai desta, Mª Cristina, como rexente).

Na zona do Neira houbo unha certa actividade destas partidas e hai algunha información fragmentaria na bibliografía sobre o conflicto: José Villa-Amil y Castro fala dunha batalla que tivo lugar en Neira de Rei o 7 de decembro de 1836 onde ¿Bullón y Sarmiento (sobrino) perderon casi a metade da súa xente.

Pardo de Neyra recolle que a partida de Nuñez Saavedra, levantada en Vilarín (Becerreá) o vintecinco de febreiro de 1873, entre outras cousas, en abril dese ano queimaron o rexistro civil de Neira de Xusá.

No aspecto social e cultural é de reseñar que en Baralla se formou un grupo galeguista liderado por Evaristo Correa Calderón,e que chegaron a fundar unha ¿Irmandade Galega de Baralla¿ no 1917.

Deste grupo formaron parte o fidalgo Paulino Pardo de Neyra, que foi represaliado logo da Guerra Civil, Casiano Díaz Moreno, e Faustino Cela, que aparece mencionado entre os fuxidos que debían ser detidos.

Evaristo Correa tamén publicou en Baralla ¿El Eco¿ (ou ¿El Eco de Baralla¿), con dirección del mesmo, administración de Emilio Curiel e redacción de Ivo Fernández.

A GUERRA CIVIL E A POSGUERRA

A partir do día 20 de xullo as autoridades republicanas son substituídas por novos responsables designados directamente polos dirixentes sublevados, e comeza a represión contra todos os que tiveran algunha actividade política ¿de esquerdas¿ (os despectivamente alcumados ¿roxos¿), ou algún incidente ou enfrontamento coa igrexa ou os novos mandatarios, ou simplemente algunha mala relación ou mala ¿sona¿. Os ingresos na cadea por motivos políticos son 29 en Baralla.

En canto a procesos militares, houbo un só procesado de Baralla por motivos ¿políticos¿, que resultou absolto.

En Baralla son os dirixentes de IR (Izquierda republicana) os máis perseguidos, e as detencións prodúcense fundamentalmente á fin da guerra (2 en 1936, 1 no 37, 7 no 38, 3 no 39 e 14 no 1940), e despois de que os que foron a autoridade durante a guerra, (o alcalde, o cabo da Garda Civil, o secretario do concello e mesmo o xefe local de Falanxe) foran relevados dos seus cargos, os tres primeiros incluso encadeados, sen que se saiban ben as razóns destes ¿relevos¿.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Baralla
Ayuntamiento de Baralla
Avenida de Evaristo Correa Calderón N°48 – 27680 Baralla - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 363 303