Fondo cabecera Concello de Baralla
Inicio » Turismo » Festexos

Bandas de música

Recolle Enrique Iglesias Alvarellos no seu libro BANDAS DE MÚSICA DE GALICIA, a existencia de tres bandas de música no noso concello no período que vai desde 1890 ata a actualidade.

A primeira da que da noticias no libro citado é a BANDA DE GUIMAREI: nace en 1890. O seu primeiro director foi Francisco Rey a quen sucedería Francisco Verdial con quen a banda desaparece en 1949. Amenizaban as festas en Navia, Córneas, Baralla, Doncos¿

Cantaban a misa de Angelis e a de Perosi, a duas voces. Tódalas romerias empezabanas co pasodobre ¿Napoleón¿, despois jotas e muiñeiras.

A seguinte banda da que fala o libro de Alvarellos é a de PENARRUBIA, non durou máis aló de catro anos, dise que caeu en picado polo mal comportamento que tiveron os seus componentes.Narranse as desavenencias co cura da parroquia, Don Emilio.

O fundador e primeiro director foi Serafín de Castrolanzán, despois tiveron de director a Manuel de Vilapedre.

A última banda que aparece no libro é a de VILACHÁ DE PEDRAFITA que se crea en 1920, xusto cando desaparece a de Penarrubia, durou ata 1936.

Organizouna Serafín de Castrolanzán que chegou a ser ben considerado xa non só como profesional reloxeiro e pirotécnico senón tamén como bon músico. Afinaba, arranxaba e fabricaba instrumentos ademais de ser bo gaiteiro.Cantaban a misa de Angelis e a de Segundo Tono.

Despois de Serafín tomou a batuta José Fernández López que tocaba o clarinete que foi o último director e que estaba sempre pendente de que todos e cada un usara debidamente o uniforme.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Baralla
Concello de Baralla
Avenida de Evaristo Correa Calderón N°48 – 27680 Baralla - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 363 303