Non sabemos desde cando se celebra a Festa do San Vitorio que, como tódalas galegas, ten a súa orixe en ritos relixiosos que se perden no misterio dos tempos.
A través do relato ¿Gárgolas¿ que Evaristo Correa Calderón publica, xunto con outros, en 1923, podemos imaxinar como era unha romaría do San Vitorio en tempos pasados.
Comeza dicindo que acudían a romaxe do santo Vitorio ¿ tradicional e milagreiro -desde dez légoas á redonda. A imaxe atopábase nunha ermida hoxe desaparecida e que estaba ao pé do actual cemiterio de Baralla. Segue falando dos ofrecidos, para pasar a describir unha procesión:
¿Saiu a procesión, pol-o redor da eirexa. Sóbor d´unhas angarillas ia o Santo Vitorio. Facía un sol plan e ardente, que caía sóbor dos santos e a moitedume. Os mozos facían repicar a campá choca. Os ramistas alcendian as bombas de palenque que deixaban ao rubir un regueiro de fogo, e que retembraban no ceo cóncavo e azul.
Os rapaces corrian pol-os prados e pol-o horto do Crego, para coller as variñas das bombas. Ladraban os cás nasa iras, ao estoupo. As aldeanas levaban panos coorados, panos de seda branca, mantelos de lá negra, con cintas e reberetes roxos.
Os petrucios ¿ testas viriles da coor da madeira dos castiñeiros, testas inclinadas e brancas- puñan sobor da cabeza os panos d´herbas pra se quitar o sol. Os hidalgos levaban abertos os seus quitasoles. As voces dos cregos, que ian revestidos con casullas douradas e con sobrepellices rizadas, cramaban:
Santa Virgo Virginum¿!
Os romeiros contestaban a coro:
Ora pre nobis!
Tras da procesión a banda de Guimarei tocaba o hino de Riego¿.
Segue contando como era unha romaría dos tempos vellos:
¿Pol-o campo da romaxe había carros con gábados (bocois) de viño. Fondos caldeiros de pulpo con fogo d´estelas por baixo. Vellas que fritian sardiñas. Tendas de roscas. Postos de froitas: Uvas brancas e mouras do Vierzo, melós alpeces, péxegos aterciopelados, peras d´auga, todo amoreado en cestós.
Había un pregón:
Auga de limón fría
Pasaban grupos de mozas entrelazadas. Os mozos dicíanlles requiebros, e levaban unha rosa na boca.
Debaixo dos castiros, arrodeando un mantel branco, comían os romeiros o xantar que traguían as mulleres en cestos, ou o pulpo da festa e as roscas e a froita madura.
Os cegos que andaban pol-a romaxe púñanse acarón das merendas, e tocaban a zanfona, a gaita ou o violin, pra que bailasen os mozos, soltos, coas maus outas, castañoleando os dedos, facendo puntos c´os pes, as antigas bailas do peís.¿
Segue a descrición dos moinantes postos a beira do camiño que conducía á romaría. Un mundo marxinado e terrible no que se mesturaba a miseria e a picaresca.
Somos afortunados por poder contar cunha descrición da nosa festa de mans dun dos fillos ilustres desta terra, Evaristo Correa Calderón, poeta, narrador, ensaísta e erudito.