O Concello de Baralla, seguindo o nomenclátor manexado polo instituto galego de estatística, está formado por 30 entidades colectivas de poboación ou parroquias.
Para acceder aos datos específicos de cada entidade colectiva de poboación preme sobre o seu nome.
Os datos que se reflicten para cada unha das entidades, fan referencia aos lugares que comprende, a súa extensión, un estudio toponímico publicado por Nicandro Ares no número 5 da revista Lucensia, tamén se fai unha pequena referencia á información que figuraba no Diccionario Geográfico-Estadistico-Histórico de España e as súas posesións de Ultramar elaborado por Pascual Madoz no ano 1846.
Tamén hai información sobre:
Adscrición das parroquias no antigo réxime.
As parroquias na división eclesiástica.