O pleno do Concello, en sesión ordinaria que tivo lugar o 27 de setembro de 2013, acordou aprobar inicialmente o Plan de ordenación municipal do Concello de Baralla.
O plan aprobado inicialmente, con todos os documentos integrantes do expediente tramitado, será sometido ao trámite de información pública durante o prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no DOG (publicado 24/10/2013).