Fondo cabecera Concello de Baralla
Inicio » Turismo » Historia

Historia

Os datos máis vellos da historia das terras que forman o noso concello témolos documentados en Plinio e Ptolomeo. Este último, sinala que o pobo dos Seburros era un dos que formaban o conventus lucense, situado tradicionalmente entre Baralla e Láncara.

A "romanización", a adopción do modelo de civilización romano por parte da poboación autóctona, debeu de ser importante nas terras do Concello de Baralla, pois por aquí pasaba unha das vías principais que usaban os romanos na península, situandose aquí a estación Timalino.

Nestas terras tiveron arraigo os máis vellos liñaxes da historia galega, aqui estaba o Paços de Neyra que Hernando de Ojea sinala no seu mapa de finais do século XVI. Aquí tivo tamén lugar o episodio do palacio de Tello de Neira que xa se relataba no século XV.

Nas terras que agora ocupa o Concello de Baralla, convivían os Concellos e Neira de Rei e Neira de Xusá.

Durante a Guerra da Independencia tiveron lugar varios enfrentamentos coas tropas francesas, mesmo pernoctou en Constantín o Batallón Literario de Compostela cando se dirixía para O Bierzo.

Estes e outros episodios da historia do Concello de Baralla descríbense nos apartados seguintes:

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Baralla
Concello de Baralla
Avenida de Evaristo Correa Calderón N°48 – 27680 Baralla - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 363 303