Datas
Dentro do Concello de Baralla celébranse feiras, na capitalidade municipal e en Sobrado do Picato.
BARALLA: Días 1 e 18 de cada mes.
A feira do gando (fundamentalmente porcino) celebrase no mercado gandeiro.
O mercado de productos tanto tradicionais e de horta como de productos de uso cotián ten lugar na Praza Maior.
SOBRADO: Día 7 de cada mes.
Hoxe queda reducida ao posto de pulpo.
Historia das feiras
Desde fai séculos veñen celebrándose por toda Galicia feiras e mercados.
A finais do século XVIII, en virtude da Real Orde comunicada ao Consello o 28 de outubro de 1788 para arreglo de feiras e mercados no Reino de Galicia, o Diputado General del Reino, don Antonio Jacinto Sotelo de Novoa y Armesto, realiza unha información que nos permite coñecer as feiras que se celebraban e outras que se desexaban instalar en puntos convintes para atender mellor as necesidades dunha comarca, e o mesmo das que debían suprimirse por non ser necesarias.
No citado informe e polo que se refire a nosa comarca, cítanse duas feiras mensuais, unha correspondente á xurisdicción de Neira de Xusá e Coto de Sobrado de Picato e outra na xurisdicción de Penamaior. Ao mesmo tempo pídese que sexa suprimida a correspondente a Penamaior que se celebraba o terceiro domingo de cada mes.
O informe encargase para controlar o perxuicio que se lle ocasionaba á Hacienda Pública naqueles casos nos que non se pagaban dereitos e ademais polos efectos perniciosos que as feiras tiñan por fomentar a folgazanería, embriaguez, abandono da agricultura e contrabando.
Sin embargo, as feiras eran valoradas tamén naqueles momentos como un remedio á pobre economía galega, xa que gracias ás feiras e mercados, os galegos podían vender as súas cortas produccións e proverse dos artigos máis necesarios, sendo consideradas como un dos medios máis eficaces para evitar a emigración dos campesiños e fomentar a economía de Galicia.
A finais do século XVIII e durante o XIX, multiplicáronse por toda Galicia as feiras e dentro dese proceso é no que podemos enmarcar a feira de Baralla.
Podemos pensar que a feira que se celebra en Baralla, os días 1 e 18 de cada mes, ten o seu inicio en data posterior ao ano 1788. Situación distinta é a de Sobrado de Picato que xa aparece reflexada no citado informe.
Corrobora esta tese o feito de que na Descrición económica do Reino de Galicia de Lucas Labrada editado en 1804, falase só destas dúas feiras, dicindo que as dúas son de gando e para a de Penamaior fala de productos de corrente calidade.
O aumento de feiras responde a razóns de tipo económico pero tamén a outras de tipo social e cultural.
A evolución posterior das dúas feiras foi ben distinta. No caso da feira de Baralla celebrábase tradicionalmente no chamado Campo da Feira ¿ hoxe Praza Maior ¿ no que tiña lugar tanto a feira de gando propiamente dita coma o mercado.
O gando que se compraba e vendía, era o porcino, que se levaba hasta Baralla por diversos medios de transporte. Alí á sombra das nogueiras e dos castiñeiros que había no campo da feira cerrábanse os tratos cun apertón de mans ¿ documento de máis valor que os actuais contratos.
No ano 1984 constrúese un edificio para albergar a feira no que se chama o Mercado Gandeiro que está ao lado do campo de fútbol, na rúa Mercado Gandeiro e que agora ademais das instalacións propias da feira e de almacén municipal, ten dentro do recinto o pavillón municipal.
Neste Mercado Gandeiro celebrase a feira do gando, tendo lugar a venda de productos agrícolas de tempada, e productos de uso cotián: calzado, roupa, coitelos, xoguetes¿na Praza da vila.
No caso da feira de Sobrado de Picato hoxe fica reducida ao posto de polbo que alí se instala e que conta cos incondicionais que ¿van á feira a Sobrado¿.