Baralla é un municipio da provincia de Lugo que pertence á comarca dos Ancares.
Limita ó norte cos de Baleira e Castroverde, ó sur co de Láncara, ó leste cos de Baleira e Becerreá e ó oeste cos de Láncara e O Corgo.
A posición xeográfica da súa capitalidade é: latitude 42º53´2 Norte; lonxitude7º 17´7 Oeste.
Para a súa localización nos mapas, o código xeográfico é o 27.350, o código do Instituto Nacional de Estatística o 27.901:
As follas dos mapas topográficos nacionais (1/50.000) son a 98 e 99, e no mapa 1/25.000, atopase nas follas 98 II e 98 IV.
Ten unha extensión de 141,20 quilómetros cadrados.
A capital municipal é Baralla, que dista 137 quilómetros da capital galega, 31 de Lugo e 11 de Becerreá, 130 de A Coruña.