Fondo cabecera Concello de Baralla

Deportes

Na área de Deportes, o Concello traballa con dous obxectivos principais:

Por unha banda, a promoción do deporte de base, como mecanismo fundamental para inculcar aos máis pequenos e mozos do municipio a afección polo deporte e, por conseguinte, a súa formación en saúde e tamén en valores: compañeirismo, traballo en equipo e afán de superación.

En segundo lugar, a difusión e promoción do deporte como ferramenta básica para mellorar o estado de saúde de todos os cidadáns, especialmente os máis maiores. Por iso, e en colaboración transversal con outras áreas de competencia, a área de Deportes promove excursións para practicar sendeirismo, así como talleres de traballo para mellorar a psicomotricidade, entre outras actividades como os bailes de salón, pilates¿

No apartado de noticias da web poderá estar ao tanto das novidades en actividades deportivas que poña en marcha o Concello.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Baralla
Concello de Baralla
Avenida de Evaristo Correa Calderón N°48 – 27680 Baralla - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 363 303