A xestión da rede de alumado público é unha das competencias dos concellos, salvo en estradas e outras infraestruturas viarias.
Tecnicamente, os puntos de luz conéctanse ás saídas dun centro de mando que é alimentado á súa vez por unha acometida da compañía eléctrica. Os acesos efectúanse localmente mediante célula fotoeléctrica, programación por reloxo astronómico ou remotamente por sistemas de telecontrol baseados en liñas RTB, radiofrecuencia ou GSM.
Se ten algunha consulta respecto diso ou sofre algunha incidencia póñase en contacto co Concello.