Benvidos/as a noso concello.
Invítovos a coñecer o noso municipio, participar da súa maxia, visitar a súa paraxe natural, desfrutar da hospitalidade das súas xentes; en definitiva, a que vos adentredes a través da nosa web nunha nova aventura, e animarvos non so a navegar por ela senón tamén a visitarnos.
Os navegantes que percorrades a nosa páxina, descubriredes unha vila chea de patrimonio cultural: pazos, pontes, torres, igrexas¿; un entorno natural privilexiado que permite o visitante realizar rutas paisaxísticas sen parangón; espectaculares bosques cheos de castiñeiros, carballos e piñeiros; abundante e variada fauna, caracterizada pola súa diversidade; sen esquecer os seus ríos coñecidos pola calidade dos seus peixes... unha peculiar e interesante viaxe a voso alcance.
Baralla, encadrada na reserva da Biosfera Terras do Miño, camiño de peregrinos pola ruta Vía Künig¿ terra de xente hospitalaria, AGARDA A VOSA VISITA.
Miguel González Piñeiro.- Alcade do Concello de Baralla